Viveiro homenaxea a Antonio Noriega Varela no 150 aniversario do seu nacemento

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
22 sep 2019

O 20 de outubro de 2019, ás 19:30 horas, o Teatro Pastor Díaz acollerá o acto principal da programación organizada polo Concello de Viveiro para conmemorar o 150 aniversario do nacemento de Antonio Noriega Varela, que naceu en Mondoñedo o 19 de outubro de 1869 e faleceu en Viveiro o 27 de marzo de 1947. 

Durante a semana previa realizaranse diferentes accións en distintos espazos públicos, entre eles na Biblioteca Municipal, e colocaráse unha placa na casa onde viviu, a edificación que actualmente alberga a casa do concello.

Con esta programación preténdese recoñecer a figura deste persoeiro ilustre, que desenvolveu unha importante labor como mestre, xornalista e poeta en lingua galega, ademais de ter sido nomeado membro da Real Academia Galega, e que mantivo un vínculo especialmente importante con Viveiro, onde descansa tras o seu falecemento por expreso desexo seu.

0.19192099571228