Viveiro imprimirá materiais educativos para o alumnado

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro porá en marcha un servizo de impresión de materiais educativos, dirixido ao alumnado de educación obrigatoria que teña dificultades no acceso á impresión de documentación, segundo os criterios técnicos de Servizos Sociais.
7 Abr 2020

As familias interesadas en facer uso deste servicio deben remitir un correo electrónico ao enderezo apuntesviveiro@viveiro.es, indicando o seu nome e apelidos, domicilio e teléfono de contacto, e axuntando a documentación que desexan imprimir. 

Tras os trámites correspondentes, o material impreso será entregado no domicilio dos destinatarios, previa coordinación da data e hora de entrega. Este servizo comezará a funcionar a partir do vindeiro luns, 13 de abril.

“Con esta medida, pretendemos garantir que todo o alumnado do ensino obrigatorio poida continuar cos seus estudos durante o confinamento, evitando deste xeito os prexuízos causados a aquelas familias que carecen dos medios necesarios para imprimir e traballar cos contidos facilitados a través das distintas plataformas educativas”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

0.23731803894043