Viveiro instala unha pantalla na Praza Maior para ver a Adrián Ben

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro quere, en primeiro lugar, felicitar ao atleta local Adrián Ben polo grande traballo que está a realizar no Mundial de Atletismo Doha 2019, no que conseguiu pasar á final con só 21 anos e no que logrou batir  un récord histórico a nivel nacional.
30 sep 2019

O Concello de Viveiro quere, en primeiro lugar, felicitar ao atleta local Adrián Ben polo grande traballo que está a realizar no Mundial de Atletismo Doha 2019, no que conseguiu pasar á final con só 21 anos e no que logrou batir  un récord histórico a nivel nacional. Para ver este martes ao anoitecer a final de 800 metros que disputa o mariñán, o Concello dispuxo dunha pantalla xigante na Praza Maior.

Adrián é un exemplo de traballo, esforzo e dedicación; un grande atleta de grande calidade humana; un deportista que non deixa de sorprender e que conseguiu que o nome de Viveiro se escoitase nos Mundiais de Atletismo.

Mañá martes, ás 21.00 horas (hora local), disputará a final de 800 metros e o Concello vai instalar unha gran pantalla na Praza Maior para que todos os veciños que o desexen poidan animar a Adrián e disfrutar dun momento histórico. A pantalla, que estará emitindo dende as 20.00 horas, será trasladada á sala multiusos da casa do concello no caso de choiva.

O Concello anima, pois, a que todos os veciños e veciñas que o desexen se acheguen á Praza Maior para acompañar a Adrián neste momento único.

0.20467495918274