Viveiro organiza un programa de rutas guiadas polo concello durante a Semana Santa

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro organizou, a través da Concellaría de Turismo, un programa de rutas guiadas a desenvolver durante a Semana Santa, co fin de promocionar o noso concello e ofrecer aos visitantes a posibilidade de disfrutar dalgúns dos nosos recursos máis destacados; estas actividades organízase como para complementar as rutas ofrecidas pola Xunta de Cofradías da Semana Santa e o Centro Comercial Histórico de Viveiro, co fin de dar a coñecer os recursos existentes fóra do casco histórico.
12 Abr 2019

As rutas organizadas son as seguintes:

Luns 15 de abril de 2019.

Saída ás 16:00 horas. Vivertren ao "Souto da Retorta": Unha vez alí realizarase a camiñata ata "O Avó" e continuarase para chegar á "minicentral". Na visita ofrecerase información do entorno do Río Landro, explicaranse datos e curiosidades da vexetación e tamén se falará da historia da parroquia de Chavín. (Duración estimada: 1 h. 30 min.)

Martes 16 de abril de 2019.

Saída ás 16:00 horas. Vivertren á "Área Etnográfica da Insua": Chegados ao antigo cargadoiro ofrecerase información sobre a historia das Minas de "A Silvarosa" e os sistemas utilizados para a descarga de mineral nos barcos de transporte. Ademais explicaranse datos dos diferentes lugares de Viveiro que se ven dende o mirador. (Duración estimada: 1 h. 30 min.)

Mércores 17 de abril de 2019.

Saída 16:00 horas. Ruta ao longo do paseo fluvial do Río Landro: Comenzarase o percorrido na oficina de turismo e remontarase o curso do Río Landro na súa desembocadura. Na ruta explicaranse datos relativos á vexetación, á fauna (centrándose na variedade de aves que se poden avistar ao longo do recorrido), patrimonio, tradicións e lendas que xurden no entorno fluvial. (Duración estimada: 2 h.)

Para participar nestas rutas é preciso inscribirse previamente na Oficina de Turismo. Para as rutas do 15 e 16 de abril, o prazo ábrese o mesmo día da visita a partir das 10:00 horas e ata completar aforo; para participar na ruta do día 17 de abril, as persoas interesadas poden anotarse a partir do sábado 13 de abril.

0.12609100341797