Viveiro participa no congreso de turismo deportivo

TerraChaXa | AMariñaXa
Viveiro participa no congreso de turismo deportivo que se celebra en Ourense nun formato híbrido (online e presencial)
17 Dec 2020

O Concello de Viveiro participa no II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo, que se celebra en Ourense nun formato híbrido (online e presencial) e dirixido a todos os axentes dos sistemas turístico e deportivo.

En representación do Concello de Viveiro participou hoxe no congreso a concelleira de Turismo, María Soledad Rey Yáñez, quen na súa intervención deu a coñecer “os recursos cos que conta o concello, demostrando que Viveiro é un opción destacable para todas aquelas persoas que buscan un destino turístico vinculado á práctica deportiva”, facendo ademais “un percorrido pola natureza, historia, patrimonio, gastronomía, festas e festivais que complementan a oferta turística”.

O goberno municipal considera que a participación neste congreso é unha importante oportunidade para promocionar o concello nun sector concreto, como é o turismo deportivo e saúdable, cada vez máis auxe e con gran demanda, e para seguir traballando nesta liña, acollendo novas ideas que sirvan para promover Viveiro como un destino de calidade ao longo de todo o ano.

Tamén participou no congreso Pedro Esmorís, da empresa Roqsport de Viveiro, que destacou a cooperación público-privada como parte do éxito da iniciativa turística creada no monte de San Roque.

0.18834185600281