Viveiro pon en marcha a aplicación Postais Reais

TerraChaXa | AMariñaXa
Viveiro pon en marcha a aplicación Postais Reais. Para que os nenos e nenas podan enviar dunha forma rápida as súas cartas aos Reis Magos.
logo robot light retina
3 Dec 2020

O Concello de Viveiro pon en marcha unha innovadora aplicación, www.postaisreais.com, para que os nenos e nenas podan enviar dunha forma rápida as súas cartas aos Reis Magos.

As súas Maxestades de Oriente recibirán así as cartas cos desexos de todos os nenos e nenas, que obterán unha resposta dos Reis, en forma de carta manual, escrita, persoalizada e a través do correo postal ordinario.

“É unha acción que nace con toda a ilusión do mundo, unha aplicación feita por unha empresa local e de forma exclusiva para o concello”, exlica Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.

“En Viveiro vivimos o Nadal con moita ilusión e sabemos que estamos nun ano atípico para os nenos e nenas, pero non queremos que perdan a ilusión de ter contacto cos Reis Magos”, explica.

Pola súa parte, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, adianta que “traballamos para que sexan unhas festas de Nadal diferentes pero especiais e ista aplicación é un primero paso, haberá unha programación adaptada ás actuais circunstancias sanitarias pero moi variada, con especial atención aos máis pequenos”.

Á espera de saber se poderán celebrarse cabalgatas ou outro tipo de actos presenciais, a Concellería de Cultura de Viveiro quere “facilitarlle o traballo aos Reis Magos” con esta nova aplicación.

As cartas deberán enviarse antes do 28 de decembro, para que desta maneira os Reis Magos teñan tempo de contestar a cada unha delas.

0.17524313926697