Viveiro pon en marcha unha iniciativa para a confección de máscaras
O Concello de Viveiro pon en marcha unha iniciativa para a confección de máscaras por parte de voluntarios e voluntarias grazas ao material doado por Alcoa e África Copias.
A concelleira do BNG, Miriam Bermúdez, púxose en contacto coa alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, para plantexar esta proposta e solicitar a colaboración necesaria para a súa execución.
Desde o concello realizáronxe as xestións necesarias con Alcoa e África Copias para conseguir a donación do material necesario, un material moi específico similar ao utilizado para a confección das máscaras sanitarias. Ademais, deuse traslado desta iniciativa a todos os voceiros municipais, que se implicaron no proxecto e tamén colaboraron na búsqueda de voluntarios e voluntarias.
A día de hoxe hai uns 60 voluntarios que se ofreceron para coser as máscaras; a Escola de Costura Loli Polo colaborará tamén organizando o traballo dos voluntarios, elaborando o patrón e cortando as telas. Publicarase un tutorial no que se explica como se deben coser as máscaras.
O persoal de Protección Civil encargarase de entregar este material no domicilio de cada un dos voluntarios e voluntarias, e de recoller as máscaras elaboradas, adoptando as medidas de seguridade necesarias para evitar contaxios.
O concello será ademais o encargado de xestionar o uso das máscaras que se confeccionen, que serán distribuídas entre persoal municipal, as dúas residencias de maiores do concello e persoal de axuda a domicilio, por tratarse dun material que comeza a ser deficitario entre estes colectivos
Afortunadamente, tanto Alcoa como África Copias donaron gran cantidade de material, polo que é posible aumentar o número de voluntarios e voluntarias participantes. Se algunha persoa quere sumarse a esta iniciativa debe chamar ao número de teléfono 647 639033.
“Desde o Concello de Viveiero sentímonos orgullos de poder xestionar esta inciativa e queremos destacar e agradecer a rapidez coa que se puxo en marca”, afirma a alcaldesa.
O concello agradece públicamente á concelleira do BNG e ao grupo de costureiras polo seu plantexamento; aos voceiros municipais pola súa implicación; a Alcoa e África Copias pola doazón do material, á Escola de Costura Loli Polo por preparar o patrón, cortar as telas e dirixir os traballos de costura, e a todas as persoas que se ofreceron como voluntarias para coser máscaras dende os seus fogares.