Viveiro preparase para recibir as preto de 90.000 persoas que asistirán ao Resurrection Fest

TerraChaXa | AMariñaXa
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, estimou que entre “noventa e cen mil persoas asistirán aos concertos do Resurrection Fest deste ano, que contará no seu cartel con grupos como Slayer ou Slipknot.
4 Xuño 2019

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, estimou que entre “noventa e cen mil persoas asistirán aos concertos do Resurrection Fest deste ano, que contará no seu cartel con grupos como Slayer ou Slipknot. Este 2019 adiántase, para o 3, 4, 5 e 6 de xullo, o pasado ano celebrouse a segunda semana de xullo.

María Loureiro puntualizou que “normalmente, nas edicións anteriores, o maior número de espectadores producíase o venres e o sábado, pero este ano a organización xa prevé que desde o mércores haxa máis xente”. “Co cartel deste ano hai grupos relevantes todos os días, e como auguramos máis xente empezamos con esa xunta de seguridade para prever calquera cousa, como refuerzos”, expuxo.

Non entanto, pese a esas xuntas de seguridade a alcaldesa de Viveiro destacou que “o público que acode adoita ser cívico, vén escoitar música e iso favorece que non haxa altercados”.

O Resurrection Fest, festival de música metal, hardcore e punk que se celebra en Viveiro do 3 ao 6 de xullo de 2019, contará cunha novidosa opción de descanso para relaxarse despois das duras xornadas do festival. Trátase de cápsulas do futuro, un aloxamento portátil de estilo xaponés que se atopa dispoñible na zona de Glamping, é dicir, a zona de acampada máis luxosa do recinto para os asistentes que prefiren maneiras de descansar diferentes das clásicas tendas de campaña.

As zonas de descanso do Resurrection Fest divídense en catro opcións, todas elas preto do recinto onde se celebra o festival: Beachcamp, Resucamp, Zona de descanso y Glamping.

0.18168497085571