Viveiro pública o 12 de agosto as bases para contratar un tecnico o 15 de xuño
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Goberno Municipal do PSOE de Viveiro publica onte, 12 de agosto, as Bases Xerais para a contratación dun técnico para a oficina de turismo de Viveiro desde o 15 de xuño até o 15 de setembro deste ano.
13 Ago 2020

"Unha mostra máis da incapacidade de planificación e organización de traballo do Goberno de María Loureiro e que pon de novo en evidencia a necesidade urxente de poñer en marcha un proceso selectivo para a creación de listas de contratación temporal de diferentes categorías para axilizar a cobertura provisional das prazas vacantes nas diferentes áreas de traballo do Concello de Viveiro. Tal e como vimos propoñendo desde antes do pleno dos orzamentos 2020", di Miriam Bermúdez do BNG de Viveiro.