Viveiro realizou traballos de roza e limpeza na rutas dos Muiños
O Concello de Viveiro estivo a facer labores na Ruta do Muíños, mediante a limpeza e adecentamento deste camiño que destaca pola súa beleza e valor etnográfico.
No curso do Rego de Fontecova, ao seu paso polo lugar de Xunqueira, transcorre o denominado “camino dos muíños de Balea”, senda que une o núcleo urbán de Xunqueira cunha serie de muíños que son a motivación principal deste roteiro.
En concreto, no Rego Fontecova existen seis muíños de cano. Cinco das edificacións están aliñadas para aproveitar o mesmo curso da auga, desviado do rego augas arriba. O canalizado conta con aliviadoiros para regular o exceso de caudal.
Mención especial polo seu grao de conservación, e como testemuña de enxeñería popular, merece o cano que leva auga ao muíño da Rocha, a xeito de “acueducto” duns 30 metros de percorrido.
As labores de limpeza e mantemento executadas polo Concello de Viveiro permitirán a veciños e visitantes disfrutar desta senda, na que medran árbores frondosas como amieiros, pradairos, avelairas e bieiteiros.