Viveiro retirou deceas de niños de gaivotas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
15 Oct 2019

O Concello de Viveiro comezou a prestar o servizo de control da gaivota patiamarela en Viveiro en maio deste ano, estendéndose ata agosto e coincidindo coa temporada de cría. Este servizo foi realizado por unha empresa especializada que conta cos pertinentes permisos da Xunta de Galicia para o control poboacional da gaivota, para a retirada de niños, ovos e polos e a posterior xestións dos mesmo, cumprindo sempre as pautas que marca a Lei de Benestar Animal para este tipo de actuacións.

Grazas a esta iniciativa, atendéronse un total de 139 reclamacións causadas por gaivotas, coa seguinte distribución mensual: 86 en maio, 35 en xuño, 16 en xullo e 2 en agosto; houbo outras 15 reclamacións por distintas causas.

Realizáronse 307 visitas de actuación, motivadas por nidificación de gaivotas nos tellados e caída de polos en patios interiores, rúas...; a maior parte destas actuacións tiveron lugar dentro do casco histórico e aledaños, cun total de 198 actuacións; as restantes tiveron lugar en Covas (61 actuacións), Celeiro (29 actuacións) e Xunqueira (19 actuacións). Nestas visitas, accedeuse a 586 tellados e localizaronse un total de 356 niños, logrando resolver a totalidade das reclamacións interpostas e retirándose 550 ovos de gaivota, 166 polos -constatando que o nacemento de polos se viu minimizado polo comezo do servizo nas datas recomendadas- e 354 niños.

Viveiro foi o primeiro concello da provincia de Lugo en ofrecer este servizo e grazas a esta iniciativa, ademais da retirada de niños, ovos e polos referida, puido realizarse un censo actualizado da poboación de gaivotas, no que consta a existencia de 186 parellas nidificantes, das que 184 foron intervidas (retirándolle o niño, ovos e/ou polos).

Tendo en conta o éxito da actuación e que se trata dun servizo que precisa de continuidade no tempo para que estes primeiros resultados se poidan consolidar e mellorar, dende o Concello de Viveiro estanse realizando as xestións oportunas para continuar prestando este servizo nos vindeiros anos. Ademais, o Concello ten intención de realizar no vindeiro ano un servizo de control poboacional da pomba común debido ás queixas veciñais existentes e á insalubridade xerada por esta especie nas zonas onde se instala. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17050004005432