Viveiro súmase á iniciativa de iluminar de violeta a noite do día 20 en repulsa do machismo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
20 Sep 2019

O Concello de Viveiro súmase a iniciativa que se vai levar a cabo en distintos puntos da xeografía galega e vai iluminar a porta de Carlos V de cor violeta durante a noite do 20 de setembro, convocando, así mesmo, unha concentración que terá lugar ás 21:00 horas, diante dese monumento, como mostra do compromiso na loita contra a violencia machista, polo que se anima aos veciños e veciñas a que se unan participando nesta iniciativa.

A Porta de Carlos V en Viveiro é unha das tres portas que se conservan da muralla que arrodeaba o municipio e foi construída en 1548 en homenaxe a Carlos I de España e V de Alemania, ademáis de ser declarada Monumento Nacional en 1942.

0.16386485099792