Viveiro tramita máis de 165 bolsas de estudos para o alumnado

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa que desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) continuouse un ano máis co servizo de asesoramento á mocidade do municipio na realización dos distintos trámites académicos.
72231458_1869962846440310_8266857247800295424_n
12 Oct 2020

O Concello de Viveiro informa que desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) continuouse un ano máis co servizo de asesoramento á mocidade do municipio na realización dos distintos trámites académicos.

A oficina prestou axuda especialmente para aqueles trámites relacionados coa solicitude de bolsas de estudos do Ministerio de Educación para niveis postobrigatorios non universitarios e universitarios, así como para a solicitude de bolsas para o alumnado con necesidades educativas especiais.

Neste senso, dende a Oficina asesourouse na tramitación de 103 solicitudes de bolsas para estudos de FP, Bacharelato e Ensinanzas de Grado Profesional de Música.

No referente a estudos universitarios, foron un total de 60 mozas e mozos os que demandaron este servizo para realizar a súa solicitude de bolsa para o curso 2020/2021.

No caso de alumnado de Infantil e Primaria con necesidades educativas especiais realizáronse un total de 4 solicitudes. A OMIX lembra que o prazo para solicitude de bolsa para estudos universitarios segue aberto ata o 15 de outubro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15984797477722