Viveiro volve sumar novos contaxios mentres baixa na provincia

TerraChaXa | AMariñaXa
A provincia de Lugo continúa coa súa tendencia a baixa malia que a situación en Galicia e no resto do país mudou volve agravarse co empeoramento da incidencia acumulada a 14 e 7 días.
Captura de pantalla 2019 04 08 a las 15.15.18
17 Dec 2020

A provincia de Lugo continúa coa súa tendencia a baixa malia que a situación en Galicia e no resto do país mudou volve agravarse co empeoramento da incidencia acumulada a 14 e 7 días.

Polo tanto, Lugo baixa en 29 os casos activos ata situarse en 433 tras sumar 15 novos positivos (onte foron 34) e 51 altas (onte foron 41). Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.708 e 6.133 curados. Novamente hai que lamentar unha nova vítima do virus, unha muller da residencia de Guntín, que coloca en 141 o número de persoas que perderon a vida na provincia dende que comezou a pandemia.

A hospitalización reduce un caso na UCI, con 5 agora mentres se mantén en planta con 18 persoas. No Hula hai 12 (un máis), 3 na Mariña e 3 no de Monforte (un menos).

Por concellos, volven subir os casos en Viveiro e xa son 24 (4 máis que onte) nos últimos 15 días, e Burela, volve subir nun e suma 14 contaxios nesta quincena.

Pola contra, O Vicedo, Barreiros, Lourenzá, Riotorto, Mondoñedo, O Valadouro e Ourol non tiveron ningún positivo na última quincena e o resto están por debaixo de 10.

0.18852114677429