Vixil celebra as festas esta fin de semana

TerraChaXa
Comezarán cunha liscada de balde para veciños e colaboradores
festas-patronais
Imaxe de arquivo
29 Xul 2024

A localidade de Vixil, en Boizán, celebrará desde o venres as súas festas na honra á Virxe das Neves e San Roque.

Comezarán cunha liscada de balde a partir das 22.00 horas para veciños e colaboradores, que contará coa música do dúo Elixir.

O sábado 3 haberá misa ás 13.30 horas con procesión e sesión vermú a cargo do dúo Eclipse. Pola noite, repetirá o mesmo grupo xunto a Madastur.

O domingo rematarán as celebracións cunha sesión vermú a cargo de Eclipse, despois da misa, prevista ás 13.30 horas, e a procesión.

 

0.18280386924744