Voluntariado restaurará unha zona natural de Luaces, en Pol

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O domingo 17 de decembro a Asociación de Custodia do Territorio realizará unha nova actividade, o Voluntariado de restauración de charcas e muros tradicionais, onde se farán diversas actividades de restauración de charcas e muros tradicionais para favorecer a biodiversidade dunha granxa ovina en Veiga de Luaces, Mosteiro, Pol.
12 Dec 2023

O domingo 17 de decembro a Asociación de Custodia do Territorio realizará unha nova actividade, o Voluntariado de restauración de charcas e muros tradicionais, onde se farán diversas actividades de restauración de charcas e muros tradicionais para favorecer a biodiversidade dunha granxa ovina en Veiga de Luaces, Mosteiro, Pol. A actividade realizarase de 10:00 a 18:00.

É necesario levar roupa e calzado de campo cómodo mentres que a comida e a bebida estará a cargo dos organizadores.

Trátase dunha actividade gratuíta para a que a xente que o desexe pode inscribirse na páxina web da AGCT. Darán máis información no mail custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93 (WhatsApp ou teléfono).

Esta actividade inclúese dentro das axudas da Deputación de Lugo destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses para o desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2023.

0.16276407241821