Volve a actividade de decoración da biblioteca de Vilalba

TerraChaXa
A biblioteca de Vilalba vestirase de gala e para iso acollerá do 21 ao 24 unha actividade que leva o nome Imos decorar a Biblioteca.
imos decorar biblioteca vilalba portada
18 Mar 2022

A biblioteca de Vilalba acollerá do 21 ao 23 deste mes a actividade Imos decorar a Biblioteca, a través da que se decorará este centro utilizando materiais reciclados, libros e revistas vellas e que se fixo recientemente.

A iniciativa está dirixida a nenos de entre 4 e 12 anos, que se dividirán en grupos segundo a idade. Os que teñan entre 4 e 8 anos irán os días 21, 22 3 23 e o resto, o día 24. A actividade terá un horario de 16.30 a 18.30 horas todos os días.

Os que desexen participar poden anotarse hoxe como último día chamando ao 982.51.22.32, por whatsApp no 626 399 329 ou no correo electrónico vilalba.rbgalicia@eidolocal.es.

Os que desexen axudar nesta iniciativa sen acudir ao taller poden colaborar con libros e revistas vellas ou estragadas, xornais e cartóns.

0.089026927947998