Volve a Aula da Calma este agosto a Guitiriz

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz abre a inscrición dunha nova edición da Aula da Calma para nenos e adolescentes durante o verán
aula da calma guitiriz portada
30 Xuño 2022

O Concello de Guitiriz abre o prazo de inscrición para unha nova edición da Aula da Calma dirixida a nenos e nenas e adolescentes que se desenvolverá no verán durante o mes de agosto.

Levarase a cabo do 2 ao 30 de agosto todos os martes e xoves na Casa Barxa. Alí, os participantes practicarán mindfullness na natureza, ioga, xogos de atención, meditación guiada, ximmnasia cerebral, e moito movemento.

O prazo para anotarse remata o 29 de xullo e haberá dos grupos: de nenos e nenas de 6 a 11 anos (que comezarán ás 12 h.) e outro de 12 a 16 anos (a partir das 13 h.). A inscrición poderase formalizar a través da sede electrónica ou de xeito presencial pedindo cita previa no teléfono 982 370 109.

aula da calma guitiriz
0.096822023391724