Volve a Billarda xa como deporte federado
A billarda vén de ser reconocida como deporte, este xogo tradicional deu un paso máis e agora xa exerce como modalidade deportiva federada. Xunto coa chave é parte da recentemente constituida Federación de deportes autóctonos e xógase aplicando o protocolo de seguridade Fisicovid. Máscaras obligatorias, distancia de seguridade, non compartir material nin comida e hixiene hidroalcólica.
Das tres conferencias que xogan ligas regulares, dúas delas retomaron a competición donde, por mor da pandemia, tíñana aparcada. A conferencia NorLeste de momento sigue agardando dar comezo.
O domingo 13 de xuño, tivo lugar a sétima xornada da Liga Atlántica de Billarda, Conferencia NorOeste, que se disputou dende as once da mañá no paseo do Burgo, Culleredo, nunhas magníficas zonas verdes a carón do Xardín Botánico.
Dende A Mariña desplazáronse representantes dos equipos de Troitas Bravas de A Pontenova e de Billardeiros Musicais de Ribadeo para disfrutar xunto cos compañeiros da NorOeste e de Rías Baixas dun espectacular encontro billardeiro. Ata o sol quixo celebrar a ledicia que supuxo o reencontro das tres conferencias nun mismo terreo de xogo e acariñou cos seus calurosos raios perante toda a mañá..
O balance desta xuntanza foi enormemente positivo, con 53 particpantes e a ledicia do reencontro, o pracer da conversa o intercambio de pareceres, a diversión… e mesmo (aínda que nesta ocasión era o menos importante) os bos resultados acadados.
Gañou Xan Rodiño (Lúa de forza de San Xenxo), Félix (Billardeiros Musicais de Ribadeo) foi segundo e Charli (Campo da Feira de Paiosaco) foi terceiro.
Aroa (Billardeiros Musicais) foi segunda en infantís e primeira en donas. Billardeiros Musicais tamén quedaron segundos por equipos.