Volve a Carreira de Cabalos Cidade de Viveiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Por segunda vez, Viveiro vai organizar a Carreira de Cabalos Cidade de Viveiro, na que os amantes dos equinos poderán presenciar carreiras.
_MG_0047
23 Feb 2020

Por segunda vez, Viveiro vai organizar a Carreira de Cabalos Cidade de Viveiro, na que os amantes dos equinos poderán presenciar carreiras.

Este torneo vaise disputar os días 12 e 13 de setembro, con lugar aínda sen determinar.

O ano pasado participaron a asociación Cabaleiros do Landro, a Federación Galega de Hípica, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Viveiro.

En 2019 contaron tamén con feira de gando e premios para os que levaban o maior número de reses equinas e outros cen para o número maior de cabezas de vacún. Ademais dos premios para as diferentes modalidades do torneo.

A organización ofrecerá máis datos do torneo a medida que se vaia aproximando a data.

0.16257095336914