Volve a Feira da Maquinaria Usada, Artesanía e Antigüidades de Cospeito

TerraChaXa
O Concello de Cospeito prepara unha nova edición da Feira da Maquinaria Usada, Artesanía e Antigüidades, que terá lugar do 23 e 24 de abril.
Feira da maquinaria usada Cospeito 2016
12 Abr 2022

O Concello de Cospeito prepara unha nova edición da Feira da Maquinaria Usada, Artesanía e Antigüidades, que terá lugar a fin de semana do 23 e 24 de abril.

Esta celebración, que chegará a XXXI edición, intentará voltar, despois do parón da pandemia, a ser un referente nos sectores da maquinaria usada e nova, agrícola e industral, a artesanía, os anticuarios, a floricultura e todo tipo de dispositivos que se poidan ver nunha feira. Previsiblemente contará con expositores de maquinaria, postos de artesanía de Galicia e León e anticuarios chegados de toda Galicia.

Os anteriores anos abría as súas portas ás 10.00 horas no recinto feiral e media hora máis tarde no pavillón dos deportes, pero aínda falta por confirmar os horarios definitivos.

0.18057799339294