Volve o día 3 a Feira de Santos de Gontán

TerraChaXa
A popular Feira de Santos de Gontán volve un ano máis coa chegada do inverno.
Feira de Santos do 2010 en Gontán
1 Nov 2018

A popular Feira de Santos de Gontán volve un ano máis coa chegada do inverno.O primeiro sábado de novembro, por tradición, veciños de Abadín e doutros lugares achéganse a Gontán para participar na feira das feiras anuais no municipio.

Así, o sábado 3 de novembro, o máis destacado do día será o certame de gando que organiza o Concello de Abadín e para o que dispón varios premios ao mellor exemplar bovino, equino, mellor cría bovina, mellor cría equina, maior número de cabezas de gando bovino e equino ou mellor exemplar equino de silla.

Haberá expositores de diversos feirantes e artesanía. Non faltarán expositores de roupa, calzado, alimentación de temporada, polbo, churrasco e tampouco a verbena. Tamén haberá uha actividade con entrada de balde no concello novo chamada Planetario, ciencia e Tics.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17870116233826