Volve a Feira do Indiano á parroquia vilalbesa de Santaballa
A Liga Santaballesa celebra un ano máis as Xornadas sobre Migracións Indianas, que acadan a súa duodécima edición na contorna da escola habaneira da parroquia xunto á tradicional Feira Indiana.
O seu tradicional programa festivo terá lugar o día 17 dando comezo ás 12.00 horas cun acto inaugural da exposición O soño cubano da emigración galega, cedida polo Consello da Cultura Galega, ao mesmo tempo que abren as xornadas.
Seguirán cunha mesa redonda, moderada polo historiador Daniel Manuel Vázquez Vila co título A migración de bote. Ao finalizar será o tempo da música con pezas de música caribeña do Cuarteo Habana Café Son.
Este ano recupérase o xantar, aberto a todo o público con reserva antes do día 15 de setembro no telégono 652 790 220. O menú consistirá en empanada de bonito e bacallau, entremeses, xamón cocido, xarrete con guarnición, postre, bebidas, café e chupito, todo a un prezo de 20 euros, cos nenos de 7 a 12 anos á metade.
Ao longo de todo o día, como haberá xogos populares e diversas exposicións e postos de venda, con especial presenza de artesáns que tamén ofrecerán mostras en vivo do seu traballo.
Á 16.00 horas retomaranse as actuacións coa exhibición de bailes tradicionais cubanos a cargo de Edro Dance, actuacións e pasacalles con Javier Muro, Trío La Clave e David Villares.
Pecharán a programación unha queimada popular teatralizada con Manolo Rubiños Ferreiro, ás 20.30 horas e a foliada co Trío La Clave.
Ademais, os días 18 e 25 de setembro, ás 12.00 horas, haberá visitas guiadas á casa escola e á exposición, ademais de charlas e proxeccións audiovisuais.