Volve a Festa de Xogos de Xotramu a Muimenta
Con moita precaución e medidas de seguridade sanitaria volve o próximo sábado a Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta (Xotramu) en Cospeito, a única en Galicia adicada aos xogos tradicionais. Será o domingo 6 de xuño, a partir das 16.0o horas, no campo da Igrexa Vella de Muimenta.
A covid marcará a celebración polo que o seu programa será completo pero atendendo ás medidas de seguridade sanitaria.
Así, haberá xogos tradicionais e música da man de Germán Díaz. O programa contará tamén coa exposición de fotografías das distintas edicións desta cita cultural e lúdica, que comezou a celebrarse no ano 2009. Esta mostra poderá visitarse nas fins de semana posteriores, para aqueles que non podan achegarse neste primeiro de mes.
Completarase a programación cunha mesa redonda sobre a creación da Federación Galega de Deportes Autóctonos.
Esta covocatoria da Festa dos Xogos tradicionais, a XIII, lévase a cabo ao lado do Museo Pedagóxico das Zocas.
Xotramu lembra que todas as actividades serán de balde.