Volve a Insuascola de verán de Rábade

TerraChaXa | LugoXa
Volve a Insuascola de verán de Rábade. As mañás da última semana de agosto volverá o campamento no que se reconectará coa natureza
insuascola veran rabade 1
4 Ago 2021

As mañás da última semana de agosto, do 23 ao 27 e en horario de 9.30 a 13.30, volverá o campamento das Insuas de Rábade no que se reconectará coa natureza descubrindo as plantas e animais da zona.

Para participar haberá que reservar praza chamando ao 982 804 773 ou escribindo a info@galwy.com, xa que as prazas son limitadas e a inscrición gratuíta.

O grupo será de 10 nenos de entre 7 e 13 anos e comezará o luns 23 coa presentación e o baño de natureza. O martes farase unha saída ao río, o mércores ao bosque, o xoves será o día de concienciación medioambiental e xa o venres será a despedida e peche do campamento.

insuascola veran rabade
0.092036008834839