Volve a partir do 12 o programa Rábade en igualdade
O concello de Rábadeorganiza o programa Rábade en igualdade que concentra un conxunto de actividades lúdico-culturais en condicións de seguridade, promotora dunha educación comunitaria libre, xusta e feminista.
O programa comezará o vindeiro sábado 12 de setembro coa obra teatral La pimentera destinado a público xuvenil e adulto.
Continuará o xoves 17 de setembro ás 17.30 horas co concerto de Os Cozorellos Salvaxes que será para público infantil. Xa o martes 22 ás 17.30 horas haberá un contacontos Somos Iguais, e o xoves 1 de outubro ás 19.00 horas poderase desfrutar da proxección Tódalas Mulleres que Coñezo que contará coa presenza da directora cinematográfica Xiana Teixeiro.
O venres 9, 16 e 23 de outubro, de 17 a 19.30 horas haberá un taller de igualarte a cargo de Máis Que Teatro para mozos a partir de 16 anos e para o que é necesaria previa inscrición.
Os sábados 17 e 24 de outubro de 10 a 13.30 horas será o taller Clipmetraxes a cargo de Jaime Pardo Valdés é tamén e necesaria a previa inscrición.
Os sábados 7 e 14 de novembro de 10 a 13.30 horas haberá un taller a cargo de Jaime Pardo Valdés e para maiores de 16 anos sobre Fotos co móbil.
Xa por último, o venres 20 de novembro ás 21 horas os veciños e visitantes poderán desfrutar do concerto da Banda da Loba.
Rábade en Igualdade desenvolverase nos meses de setembro, outubro e novembro. Confórmase como unha proposta de carácter socioeducativo, cultural cunha perspectiva lúdico-formativa que emanan da necesidade de busca efectiva da igualdade entre homes e mulleres. Con actividades fundamentadas na creación audiovisual e nas dinámicas teatrais, búscase que os e as participantes constrúan a súa reflexión crítica a partir da experimentación.