Volve a Romería de San Nicolás ao Buriz
A parroquia de do Buriz, en Guitiriz, acolle este domingo, 21 de agosto, a Ruta cabalar da Romería de San Nicolás, que se desenvolverán dende as 10 da mañá, momento no que se recibirá aos cabaleiros na capela.
A ruta terá a súa saída ás 10.30 horas e farase un descanso para tomar uns petiscos a medio camiño. Rematará o roteiro media hora despois da celebración da misa na capela de San Nicolás, que será ás 13.00 horas. Comezará a continuación a sesión vermú, que estará ao cargo do dúo Sintonía.
Como todos os anos, haberá un xantar servido por Pulpería Taboada, de Melide e estará aberto á participación dos que o desexen. O menú consistirá en polbo, churrasco, postre e café.
Tralo almorzo haberá diferentes sorteos entre os asistentes e rematarán a xornada cunha liscada gratuíta ás 21.30 horas, antes da verbena, que volverá a estar ao cargo de Sintonía.
Durante a tarde haberá colchonetas gratis para os pequenos a cargo de Brinkadeiras.