Volve a Ruta BTT Terras do Eume este domingo ás Pontes
As Pontes acollerá o domingo 18 unha nova edición da Ruta BTT Terras do Eume, a VII, suspendida durante dous anos pola pandemia. Terá lugar a saída diante do Concello a las 09:00 horas.
Haberá tres rutas diferentes para todos os públicos, un roteiro curto dun 22 km con 584 metros de desnivel acumulado, un roteiro intermedio de aproximadamente 38 km cuns 1.010 metros de desnivel e un terceiro trazado longo duns 46 km cuns 1.346 metros de desnivel acumulado.
As inscricións pecharán o mércores 14 de setembro ou no momento no que se chegue ao número máximos de participantes, que este ano é de 250 polo gran número de solicitudes rexistradas en anos anteriores.
Haberá este ano 4 puntos de avituallamento con comida e líquidos con chegada ao final do roteiro ao local do Polbo no parque da Fraga.
Na chegada, os participantes poderán ir comendo (un tentempé e bebida) por orde de entrada para axilizar a volta a casa e evitar aglomeracións. As duchas estarám na piscina Municipal, situada na rúa Sergio Rivera Chao.
O importe da inscrición a deportistas federados é de 16 euros e inclúe tentempé e bebida á chegada.