Volve As Pontes enPEZAS, o programa de transformación ambiental

TerraChaXa
O Concello das Pontes pon de novo en marcha o seu proxecto de transformación ambiental a través da participación veciñal e da arte pública, unha iniciativa deseñada durante a lexislatura pasada por la concelleira Sonia Sueiro na súa vocación de converter o municipio un museo a ceo aberto.
Captura de pantalla 2019 09 19 a las 8.51.06
20 sep 2019

O Concello das Pontes pon de novo en marcha o seu proxecto de transformación ambiental a través da participación veciñal e da arte pública, unha iniciativa deseñada durante a lexislatura pasada por la concelleira Sonia Sueiro na súa vocación de converter o municipio un museo a ceo aberto. .

O concelleiro de Cultura, Vicente Roca, durante a presentación desta nova etapa do proxecto, avanzou que “xa se está traballando na programación de novas intervencións artísticas e na procura de novos espazos urbanos, así como artistas e asociacións interesadas en participar neste proxecto de rexeneración urbana e participación a través da arte”.

Dende o seu inicio, As Pontes enPEZAS apóiase na participación de artistas con ampla traxectoria profesional e comprometidos coa realidade socio-cultural das Pontes, como na implicación do tecido asociativo e dos veciños e veciñas con interese en ofrecer a súa colaboración neste proxecto. Esta colaboración tradúcese de diversos xeitos: participando activamente nalgún obradoiro, propoñendo posibles intervencións, cedendo espazos para a realización de novas pezas artísticas ou asistindo aos roteiros.

Así, Roca sinalou que nesta nova andadura, seguirase dando cabida tanto a profesionais con recoñecida experiencia no mundo da arte, como asociacións e institucións ou persoas a título individual con intereses artísticos.

Neste senso, esta iniciativa de Arte Pública do Concello das Pontes aspira a consolidar o seu carácter plural e diverso, dando cabida a todo tipo de expresións artísticas: o muralismo, as instalacións con fíos, a fotografía, os mosaicos ou o graffiti urbano, entre outras. O punto en común entre todas as pezas seguirá a ser a posta en valor de espazos urbanos a través da arte e da participación veciñal.

Así foi o caso do mosaico fotográfico deseñado por Xurxo Guitián no ano 2017 e para o cal foi precisa a colaboración de máis de 700 persoas que facilitaron fotografías para conformar a figura dun veciño mítico e misterioso: “Xaquín das Herbas” (situado na marquesiña do Poboado do Barreiro, Avda. da Habana); ou o mural de Yoseba MP (situado na Avenida de Galicia) que tivo como musa local a Carmen “a da Depuradora”, e que xa é unha sinal de identidade de As Pontes enPEZAS.

O pasado xuño, Teresa Martin-Patino (alias Suk Ha), en colaboración co artista Sea162, transformou o antigo depósito, situado no encoro da Ribeira do Eume, representando coa técnica do mural a diversidade botánica que tradicionalmente se vincula coas celebracións do San Xoán en Galicia.

A cooperación, a convivencia e a inclusión social tamén son valores inherentes a este proxecto de arte pública, polo que as pezas colectivas que integren a participación de diversas entidades terán un papel destacado nesta nova etapa. Esta confluencia de entidades xa foi probada satisfactoriamente co mural “Na diferencia está a igualdade” (situado na rúa Rego do Campo), peza colectiva que reflicte a unión de dúas entidades pontesas (A Xanela e ArtPo).

As intervencións que se realizarán durante o outono sumaránse ás 14 pezas artísticas que xa forman parte do museo a ceo aberto de arte pública das Pontes. Participarán de novo entidades e artistas locais, así como profesionais recoñecidos no ámbito artístico a nivel galego.

Unha das temáticas que inspirará aos creadores versará sobre a importancia das setas na comarca, coincidindo coa celebración da Feira de Fungos e Cogomelos a finais de outubro. Este cita, que este ano acada a súa 30ª edición, converte a localidade pontesa na capital galega da micoloxía, polo que se programará roteiros guiados polos murais do proxecto ás persoas visitantes durante a fin de semana.

O concelleiro de Cultura, Vicente Roca destaca que As Pontes enPEZAS é un proxecto vivo e aberto a todo tipo de colaboracións. As persoas interesadas en participar nos obradoiros, cedendo espazos ou suxerindo ideas ou posibles intervencións artísticas, poden poñerse en contacto coa organización escribindo un correo electrónico ao enderezo enpezas@aspontes.org, chamando ao 608.201.251 ou cumprimentando o formulario habilitado na páxina web. Así mismo nas redes sociais (Facebook e Instagram) e na páxina web enpezas.aspontes.org está toda a información necesaria para apuntarse nos diferentes proxectos ou ben informarse sobre cada unha das intervencións artísticas.

O Concello ten previsto continuar o proxecto durante todo o ano 2020, fomentando a participación veciñal e a transformación ambiental a través da arte urbana, o que xa está a converter a vila nun museo público a ceo aberto.

aspontes enpezas 696x928
0.18880486488342