Volve este sábado a feira da Pastoriza

TerraChaXa
Despois do parón debido á pandemia, a asociación de comerciantes e empresarios da Pastoriza retoma este sábado a súa feira mensual.
feira pastoriza portada
30 Abr 2021

Despois do parón debido á pandemia do coronavirus, a asociación de comerciantes e empresarios da Pastoriza retoma este sábado a celebración da súa feira mensual, que ten lugar o primeiro sábado de cada mes.

Así, este día 1 volverá celebrarse a Feira. Haberá comercio de calzado, roupa, produtos para o campo, churrería, peixe fresco, etc, ademais de polbo para comer alí ou para levar para a casa.

A organización lembra que en todo momento deberán cumprirse as normas sanitarias.

feira pastoriza
0.17452907562256