Volve este sábado o festival solidario de Mans Unidas Vilalba

TerraChaXa
Mans Unidas de Vilalba recupera este sábado, 22 de abril, o seu festival solidario, que levaba tres anos sen celebrarse pola pandemia
festival solidario mans unidas vilalba portad
21 Abr 2023

Mans Unidas de Vilalba recupera este sábado, 22 de abril, o seu festival solidario co que se pretende recadar fondos para un proxecto dirixido á redución da cegueira e enfermidades oculares en Meki, nunha zona rural de Etiopía, onde se pretende construír unha clínica onde se traten estas enfermidades tan comunes (cataratas, glaucoma ou tracoma) ademais de dar información para o seu tratamento e coidado.

Dito festival solidario, que levaba tres anos sen celebrarse pola pandemia, terá lugar o sábado,  as 20.e0 horas, no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba e estará presentado por Mª Xosé Lamas. O prezo da entrada é de 5 euros.

No acto participarán os Néstor Xesús González Lamas, a Coral Luar e Entre Lusco e Fusco, que son un grupo vilalbés de baile, canto e música tradicional.

Tamén colaboran o Concello de Vilalba, Imprenta e Estrella Galicia e contan coas aportacións de Margarita Suárez Caínzos e Allentum.

festival solidario mans unidas vilalba
0.20458197593689