Volve o baile a Guitiriz este domingo coa música de José Manuel

TerraChaXa
O evento, que terá lugar entre as 17:00 e as 20:00 horas, contará cunha merenda
baile-bailar-clases
26 Apr 2025

Este domingo 27 de abril, a Escola Habanera de Guitiriz acollerá unha nova animada xornada de baile aberta a todo o público. O evento, que terá lugar entre as 17:00 e as 20:00 horas, promete ser unha tarde de diversión para persoas de todas as idades.

Durante a celebración, haberá un descanso acompañado dunha merenda para recargar enerxías. Os asistentes poderán desfrutar de diferentes sorpresas e a actuación en directo de José Manuel Abanico. Os que non desexen bailar terán xogos de mesa.

A entrada terá un custo de 5 euros, e o evento está organizado polo Concello de Guitiriz.

⚙ Configurar cookies
0.10065197944641