Volve o BTTeando por Guitiriz coa súa IV edición dende novembro
Tras o parón pola pandemia da covid-19 chega a IV edición do BTTeando por Guitriz (tempada 2021/2022), unha serie de rutas en bicicleta polos sitios máis característicos do concello organizada polo Concello de Guitiriz en colaboración co Club BTTeiros Cova da Serpe.
Levarase a cabo unha saída ao mes desde novembro de 2021 e ata maio de 2022.
As persoas interesadas poderán anortarse no Concello ou no Club BTTeiros Cova da Serpe antes de cada roteiro.
As actividades están abertas ao público en xeral a partir dos 10 anos de idade. Será obrigatorio o uso do casco e será recomendable levar peza de froita (aconsellable plátano) e auga.
Á súa vez, infórmas que pode haber algún cambio nas datas debido ás inclemencias meteorolóxicas ou a outra causa xustificada, ante calquera dos casos avisarase coa maior antelación posible.
En todas as rutas seguirase o protocolo covid19 vixente.
A programación dará comezo o 14 de novembro dende Guitiriz para percorrer o Muíño da Ruxida, a partir das 10.00 horas.
O 12 de decembro será a vez do pantano de San Xoán e o domingo 9 de xaneiro irán polo Camiño Norte de Santiago.
Durante o ano seguinte as rutas serán por Cova da Serpe, ruta do Muíños, ruta do Camiño Real e Penas de Rodas (Outeiro de Rei).