Volve o Festival Pozomouro a Muimenta este sábado

TerraChaXa
Fíxose esperar dous anos, pero finalmente haberá unha segunda edición do festival Pozomouro este sábado na área recreativa Ribas do Miño.
CARTEL POZOMOURO_PORTADA
30 Aug 2022

Fíxose esperar dous anos, pero finalmente haberá unha segunda edición do festival Pozomouro, organizado pola Asociación Cultural Avelino Iglesias Alvariño e que terá lugar este sábado, 3 de setembro, na área recreativa Ribas do Miño, en Muimenta.

A celebración dará comezo ás 11.30 horas cunha ruta polo río dirixida por Daniel, Kiko e Roi seguida dunha sesión de biodanza con Naiara.

Á hora do vermú haberá un concerto folk a cargo de Breocáns para comezar coa romería popular na que os participantes deberán aportar o seu xantar.

A tarde estará completa de actividades entre as que figuran unha xincana e varios postos ou pozos con títulos suxerentes como Miúdo, Ilustrado, Circo ou Musical. Finalizarán cun coloquio sobre minas e os problemas eólicos con Margarida Prieto, Xoán Doldán, Nery Díaz e Andrés Castro.

Contra a noitiña está previsto un recital poético con micro aberto para Rafa Lobelle, Xabier Cordal e Rochi Nóvoa.

A xornada repatará con tres concertos, que estarán ao cargo de Sofía Espiñeira, con música de raíz; Brazil Love Affair, funky brasileiro, e PIllaband's, folk fusión. Un DJ porá o punto final á xornada musical, que rematará coa acampada dos participantes que así o desexen.

CARTEL POZOMOURO MUIMENTA
0.16070008277893