Volve O galego campa!, con novas propostas para incidir na expresión e educación mocidade
Os campamentos de verán volven acoller o programa de dinamización lingüística O galego campa!, tras o parón do ano pasado, con novas propostas coas que se busca incidir na expresión persoal e na educación emocional da mocidade. As actividades chegarán a un total de 872 mozos e mozas, entre usuarios e monitorado, de estadía en 13 instalacións xuvenís.
Así, esta será a novena edición do programa, que este ano é sensible á complicada situación emocional que as restricións á mobilidade, á relación e á proximidade social derivadas da actual situación sanitaria xeraron entre a mocidade.
Este tipo de actividades, coas que se busca fomentar o ocio saudable e seguro da mocidade durante a temporada estival, favorecen o uso do galego no ámbito do lecer.
Actividades e novas propostas
As actividades, que incluirán a dinámica Canto te quero: conversas en grupo para falar de amor, chegarán ata o 14 de agosto aos campamentos de Lugo de Area en Viveiro, A Devesa en Ribadeo, Os Chacotes de Palas de Rei e Benigno Quiroga en Portomarín. Ademais
Coma sempre, O galego campa! inclúe novos materiais para o Repositorio dixital de tempo libre en galego, de libre acceso para educadores/as e para calquera outra persoa interesada. Serán propostas encamiñadas a fomentar o diálogo na lingua propia de Galicia arredor da igualdade entre mulleres e homes, a educación para a paz e a prevención da violencia de xénero.
Toda a información e calendario de actividades no Portal da Lingua Galega, en http://www.lingua.gal/o-galego-campa, e na Axenda de Cultura de Galicia.
PROGRAMACIÓN
- 6 de agosto, ás 12:00 horas no Albergue Xuvenil Area, NaturArea: ambiente mariño e náutica
- 6 de agosto ás 16:30 horas no Campamento Xuvenil A Devesa, Multiaventura: ambiente e mar
- 7 de agosto ás 10:00 horas no Albergue Xuvenil Benigno Quiroga, A miña primeira aventura
- 13 de agosto ás 18:00 horas no Campamento Xuvenil Os Chacotes, Multiaventura nos Chacotes