Volve o 'Mercadiño de troco' de libros a Guitiriz este xoves e venres

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz organiza outro ano máis un un mercado de troco de libros para os días 28 e 29 de decembro como unha actividade enmarcada nas actividades que completarán a programación de Nadal.
27 Dec 2023

O mercado de troco de libros terá lugar o xoves 28 e o venres 29 de decembro e terá lugar na carpa instalada no Campo da Feira de Guitiriz, nun espazo reservado para ese fin en horario de 17.00 a 19.00 horas.

As persoas interesadas deben depositar os libros que desexen, ata un máximo de 10, en horario de 11.00 a 14.00 horas, co obxectivo de que sexan rexistrados e etiquetados con diferentes categorías: infantil e xuvenil, divulgación, cómics e ficcións.

Estes libros deberán estar en bo estado, non poderán estar despegados nin con follas rachadas e por cada libro entregado, as persoas participantes recibirán un vale para cambialo por calquera outro do mercado que lles interese.

0.16393113136292