Volve o teatro a Roupar con 'O achado do Castro'

TerraChaXa
Volve o teatro a Roupar. Este domingo terá lugar a representación da obra O achado do Castro, a cargo do grupo de teatro de Roupar.
o achado do castro roupar portada
24 Xuño 2022

Volve o teatro a Roupar. Este domingo, 26 de xuño, terá lugar a representación da obra O achado do Castro, a cargo do grupo de teatro de Roupar.

A sesión terá lugar ás 19.00 horas na Casa Habanera.

Nesta ocasión, cunha divertida historia que nos trasladará á Roma antiga. E como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e… unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e, sobre todo, unha trama engaiolante.

A obra foi deseñada por Manuel Núñez Singala e conta coa dirección de Cristina Mariño.

o achado do castro roupar
0.12513303756714