Volve o Torneo de Fútbol Burbulla a Baamonde
O Cercud na praia fluvial de Baamonde recupera o Torneo 3×3 Fútbol Burbulla, que terá lugar o 31 de xullo. Trátase dunha actividade que conxuga o deporte coa oferta lúdica e consiste en xogar metido dentro dunha burbulla xigante, que lles ocupa aos xogadores todo o tronco. Pódense dar golpes e revolcóns sen ningún tipo de perigo e lesións.
Cada equipo estará formado por tres xogadores admitíndose equipos masculinos, femininos e mixtos coa única limitación de ter máis de 16 anos.
Os 3 primeiros clasificados levarán trofeos e vales agasallo dunha tenda deportiva e o resto medallas. Ademais haberá unha comida de confraternización entre os equipos.
As inscricións están abertas ata o xoves 29 de xullo e ten un custo de 10 euros por persoa e 30 por equipo. Toda a información pódese atopar na web futbolburbulla.com, onde tamén se poden facer as inscricións.