Volve un ano máis a campaña para impulsar o comercio local de Vilalba no Nadal
A Asociación de Empresarios Sete Pontes celebrou a presentación da Campaña de Nadal Merca e Gaña no Comercio Local de Vilalba que regresa un ano máis para incentivar a compra nos negocios do termo municipal.
A Campaña arrancará o próximo 9 de decembro e durará ata o 5 de xaneiro. Sortearanse 2000 euros en vales. Haberá un primeiro de 500 euros, dous de 250, cinco de 100 e dez premios e 50 euros cada un.
Para participar é necesario selar 5 casillas en cinco establecementos participantes diferentes e realizar unha compra mínima de 10 euros. Hai 70 que están dentro da campaña.
O sorteo terá lugar o 12 de xaneiro. Poderán participar todos aqueles tickets que fixeran a compra entre esas datas.
A organización lembra que é obrigatorio gardar os tickets de compra para xustificar as compras.