Volve a Rapa das Bestas á parroquia de Carballo en Friol
A comunidade do monte veciñal de Carballo convida a todo o mundo a participar e gozar da súa tradicional Rapa das Bestas, que se celebrará o 31 de xullo.
Este ano recuperan unha celebración que tamén foi castigada pola pandemia, unha actividade que forma parte dun proxecto que naceu co orgullo de colaborar na recuperación do Cabalo Pura Raza Galega.
A celebración adoita comenzar coa subida das bestas ao curro a primeira hora da mañá. Para elo, xente a pé, cabaleiros e amazonas sairán na súa busca polo monte, para posteriormente conducilas ao curro. Separando os poldros, dará comezo o gran espectáculo da pelexa corpo a corpo entre aloitadores e bestas, na que prima o bo trato aos animais e na que se aproveita a ocasión para realizar os axeitados tratamentos sanitarios. Rematará co recoñecemento aos aloitadores e cabaleiros que participaron.
A tarde resérvase para as carreiras de galope, a intrépida xincana e a beleza técnica das carreiras de andadura que darán fin a xornada.