O Concello da Pastoriza abrirá proximamente o prazo de solicitude das bolsas de material escolar e libros de texto dirixidas a nenos e nenas do Concello, e tamén as de transporte para alumnos que estudan fóra do municipio.
No primeiro casos, esta convocatoria ten por obxecto regular a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado no Concello e escolarizado para o curso 2022/2023 en educación infantil (3-6 anos), educación primaria e educación secundaria obrigatoria.
Así con esta subvención, os solicitantes poderán mercar libros escolares, material escolar funxible, material de debuxo e mochilas e estoxos. As axudas poderán solicitalas aqueles que se atopen escolarizados no Concello en calquera dos niveis e que estean empadroados no tempo municipal.
Como sempre nestes casos, a contía das axudas irán en función da renda per cápita familiar e oscilará entre os 120 e os 20 euros de axuda. Ademais, serán compatibles con calquera outra axuda para a mesma finalidade concedidas por parte doutras entidades públicas ou privadas, sempre que as axudas concorrentes non superen o custo total dos materiais subvencionados.
TRANSPORTE
O Concello da Pastoriza tamén abrirá o prazo para presentar as solicitudes para as axudas no transporte escolar dos nenos censados no Concello pero que cursan estudos fóra. O obxetivo desta axudas é sufragar parcial ou totalmente o custo no traslado do alumno ao seu centro educativo. Polo tanto é necesario cumprir os requisitos como que a unidade familiar esté empadroada no concello, e que algún dos fillos estea cursando educación postobrigatoria (1º e 2º curso de bacharelato) ou cursos de formación profesional.
Estas axudas oscilan entre os 467 euros e os 167 dependendo da renda con cargo ao orzamento de 8.500 euros que dispón o Concello para este fin.