Volven as cegas de futbolín este sábado a Rábade

LugoXa | TerraChaXa
Estas terán lugar este sábado 27, na Cafetería Beethoven e o torneo dará comezo ás 16.30 horas
pena-futbolin-rabade
24 Dec 2025

A Peña Rábade Futbolín organiza, para rematar o ano, a sétima edición das Cegas de Nadal. Esta terá lugar este sábado 27, na Cafetería Beethoven.

O torneo dará comezo ás 16.30 horas, tralo primeiro sorteo. O obxectivo, e debido ás datas, será rematar cedo a competición para os que teñan que marchar, aínda que seguirán despois con cegas sen competición.

Terán as clásicas sorpresas de Nadal para os premiados e algún sorteo para o resto, como unha inscrición para o Máster de Rábade, e unha cesta de Nadal.

O gañador recibirá o 50% do recadado, o segundo o 30%, o terceiro o 20% e o cuarto a inscrición. Esta ten un prezo de dez euros por xogador.

⚙ Configurar cookies
0.074826002120972