Volven as cegas de futbolín este venres a Rábade
A Peña Rábade Futbolín organiza, para rematar o ano, a cuarta edición das Cegas de Nadal. Esta terá lugar o venres día 23, na emblemática Cafetería Papyrus que volveu a abrir as súas portas.
O torneo dará comezo ás 21:00 horas, tralo primeiro sorteo. O obxectivo, e debido ás datas, será rematar cedo a competición para os que teñan que marchar, aínda que seguirán despois con cegas sen competición.
Para participar será necesario anotarse previamente. Para facelo hai que enviar un whatsapp ou facer unha chamada a Támoga (664 022 017), Alberto (727 766 426) e Suso (679 711 709). O prezo da inscrición é de 5 euros para os membros da peña e 10 para os non membros.
Sobra dicir que coma sempre… terán as clásicas sorpresas de Nadal para os premiados e algún sorteo para o resto, ademais da edición especial de Trofeos que xa se puxo en marcha o pasado ano.
O gañador recibirá o 50% do recadado, o segundo o 30%, o terceiro o 20% e o cuarto a inscrición.