Volven as noites de bingo á escola de Cospeito este sábado

TerraChaXa
A cita será ás 21.00 horas para maiores de 18 anos
bolas-de-bingo
1 Nov 2024

Este sábado, 18 de xaneiro, ás 21:00 horas, continúa a tempada de bingo na Escola de Cospeito, un evento moi agardado polos veciños e veciñas da comarca. Organizado pola Comisión de Festas de Santa María de Cospeito 2025, esta actividade promete ser unha oportunidade para reunirse, pasar un bo rato e tentar a sorte.

O evento está restrinxido a persoas maiores de 18 anos, en cumprimento das normas para este tipo de xogos. A organización anima a todos os adultos interesados a acudir e desfrutar dunha noite de diversión e premios.

⚙ Configurar cookies
0.1103789806366