Volven as sesións vermú e as verbenas a Vilalba

TerraChaXa
Este ano as verbenas serán outro dos puntos fortes das festas pois sempre arrastran a miles de persoas a bailar.
orquestra combo dominicano
24 Aug 2022

Este ano as verbenas serán outro dos puntos fortes das festas pois sempre arrastran a miles de persoas a bailar. Vilalba sempre destacou por ter unha extensa tradición musical e contar coas orquestras e grupos máis punteiros do momento

A primeira actividade musical desta índole será o día 23 coa actuación a cargo da orquestra Supremos na Xira dos Maiores.

O sábado 27, na xira da xente nova, poderase desfrutar do grupo Punto Clave, a orquestra Escaparate e dos Festicultores. Ao día seguinte, a sesión vermú correra a cargo do grupo JB Son.

O mércores 31 na praza da Costitución será a sesión vermú estará amenizada por Pontevedra e xa pola noite poderase desfrutar do gran espectáculo do Combo Dominicano e da orquestra Solara ás 23.00 horas no Campo da Feira. Que serán o preludio aos fogos de artificio.

A sesión vermú do xoves 1 de setembro e a gran verbena que comezará ás 23.00 correrá a cargo de Ritmo Joven e La Fármula.

Xa o sábado 3 a sesión vermú estará amenizada polo vilalbés, Dúo Estrellas, quen tamñen porá a nota musical da verbena coa exitosa orquestra Olympus ás 23.00 horas na praza da Constitución.

O domingo 4, Día das parroquias, contarán coa orquestra Fuego, que amenizará dende a sesión vermú ata mediada a tarde, facendo desfrutar da súa música e espectáculo aos vilalbeses.

orquestra punto clave
orquestra fuego
orquestra escaparte
0.16671705245972