Volven as Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros

TerraChaXa
As Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros, canceladas en 2020 pola pandemia, volverán celebrars pero o farán con limitacións de aforo.
Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros_portada
2 Xuño 2021

As Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros, canceladas en 2020 pola pandemia, volverán celebrarse este ano pero o farán con limitacións de aforo e dando prioridade ao acto on line.

As xornadas arrincan este sábado 5, ás 10.30 horas coa presentación do libro Cabreiros, 15 anos de dinamización comunitaria. Olladas e recursos interxeracionais no rural, coordinado por Xosé Manuel Felpeto e Xesús Rodríguez e no que prólogos estiveron ao cargo de Antón Costa Rico e Mariano Sánchez Martínez.

O acto estará moderado por Manuela Vilaboy Romero.

As Xornadas Interxeracionais continuarán o sábado 12 coa entrega do VII Xermade na Historia, que recaeu en Rafael Quintiá coa obra A aboreada das mázcaras. Estudo histórico e antropolóxico dos entroidos tradicionais de Xermade.

Finalizará a sesión co presentación do libro Xermade na Historia. II Edición, nun acto modeerado por Lucía Guizán Trastoy na que participan entidades organizadoras, persoas premiadas e membros do xurado.

Este ano haberá posibilidade de asistir de forma presencial. De ser así, para asistir hai que reservar praza no 686 104 780. Tamén poderá seguirse a sesión vía streaming a través do canal de youtube.

Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros
0.21307897567749