Volven convocar en Rábade dous talleres para maiores, de memoria e de teatro

Coa chegada do outono o Concello de Rábade oferta dous talleres para maiores completamente gratuítos.
Dun lado, un taller de memoria que se vai celebrar os luns pola tarde no Centro Sociocultural en dúas quendas, ás 16:30 horas e ás 17.45 horas. A data de inicio será o 6 de outubro.
Por outra banda, haberá un taller de teatro que se impartirá tamén os luns pero en horario de mañá, de 11.00 a 13.00 horas, tamén no Centro Sociocultural. A data de comezo neste caso é o 13 de outubro.
Os maiores interesados en anotarse nalgunha destas actividades poden facelo xa no Departamento de Servizo Sociais do Concello de Rábade.
Son actividades dirixidas aos maiores, pero se algunha outra persoa está interesada en participar pode solicitar información no mesmo Departamento.