Volven en maio as xornadas do IV Ciclo a Cabreiros

TerraChaXa
A casa escola de Cabreiros acollerá en maio unha nova formación da USC dentro do programa universitario de maiores, IV Ciclo.
CARTEL CON LUGAR_usc_xermade portada
12 Abr 2021

A casa escola de Cabreiros acollerá en maio unha nova formación da Universidade de Santiago de Compostela dentro do programa universitario de maiores, IV Ciclo.

Trátase do programa Camiños de coñecemento e experiencia, que ten como obxectivo principal favorecer a democratización do coñecemento; potenciando e difundido o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de 50 anos das Comarcas colaboradoras no proxecto.

As actividades do programa desenvolveranse polas tardes dos días 28 e 31 de maio e 1, 2, 3 e 4 de xuño. Combinaranse os seminarios con saídas e visitas. Así este ano falarase de a simboloxía das cores, cun paseo a pé pola zona; as especies invasoras con visita a un eucaliptal, e sobre o patrimonio histórico de Xermade que culminará cunha visita ao museo arqueolóxico de Vilalba.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo no teléfono 982 501 001.

O programa Camiños de coñecemento ten varios obxectivos específicos como revalorizar e profundar no valor do patrimonio, concienciar, ensinar e aprender da presenza da ciencia no día a día das nosas vidas; recoñecer o valor das disciplinas artísticas nas nosas emocións e vivencias; adaptar e coñecer as competencias sociosanitarias dos principios de envellecemento activo, e acadar unha mellora da calidade de vida, do benestar e da participación a través do exercicio intelectual que require este tipo de formación.

programa camino conecemento xermade
0.14881491661072