Volven organizar a comida popular con motivo das festas da Virxe do Monte

O vindeiro 8 de setembro, o campo da festa de Cospeito acollerá unha nova edición da Comida Popular da Feira do Monte, que se celebrará tras a sesión vermú da Festa na Honra á Virxe do Monte, a cargo do dúo Epo-K.
Este evento festivo ofrecerá un menú por 25 euros, onde se poderá degustar empanada de atún e bacon, polbo á feira, churrasco de porco e tenreira, chourizo criollo, viños, refrescos e augas. Como sobremesa, tamén se poderá gozar dunha exquisita torta de améndoa e rematar cun café e gotas.
Para os máis pequenos, a xente menor de 6 anos poderá asistir de balde, e os nenos entre 6 e 11 anos pagarán só 15 euros. Ademais, durante o evento, haberá inchables gratuítos, garantindo a diversión para toda a familia.
A organización solicita que os interesados en asistir confirmen a súa presenza antes do xoves 4 de setembro, contactando con algunha das persoas da comisión organizadora. Os números de contacto son os de Montse (677 229 663), Alejandro (679 800 931) e Pedro (686 077 482).
As festas completaranse coa celebración da misa, ás 13.30 horas, cantada pola Coral Polifónica Municipal Virxe do Monte, á que seguirá a procesión.
Logo da sesión vermú e o xantar, será de novo o dúo Epo-K o que se encargue da sesión de tarde, na que haberá inchables de balde para os nenos.