Volven os contacontos á biblioteca das Pontes

TerraChaXa | LugoXa
O programa Xoves na Biblio da biblioteca municipal Enrique Rivera Rouco das Pontes retoma mañá a súa programación, con tres sesións de contacontos previstas para este mes de xaneiro.
Captura de pantalla 2018 12 20 a las 11.47.12
13 Xan 2021

O programa Xoves na Biblio da biblioteca municipal Enrique Rivera Rouco das Pontes retoma mañá a súa programación, con tres sesións de contacontos previstas para este mes de xaneiro.

A primeira cita será mañá, día 14, con Os contos de Pablísimo: principas y princesos, da man de Pablo Sánchez, un dos contadores de referencia do panorama galego. Nesta sesión, dirixida a nenos de entre 4 e 10 anos, farase unha reflexión sobre a igualdade a través dos contos atípicos de príncipes e princesas.

Ao mesmo grupo de idade vai dirixido tamén o espectáculo que o xoves 21 ofrecerá Anna Facchini baixo o título Cantos, contos e outras animaladas, unha sesión de contacontos aderezada con cancións que fará as delicias dos máis pequenos.

A programación de xaneiro de Xoves na Biblio rematará o día 28 con O branco non pinta de Antía Otero, dirixida neste caso a menores de entre 3 e 6 anos.

Todas as sesións comezarán ás 18.00 horas e a entrada é gratuíta pero con aforo limitado polo que hai que apuntarse previamente na biblioteca municipal.

0.18951392173767